RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Hoxe en Depor Sport...<br>Mauro Silva:

Mauro Silva, un dos grandes capitáns do Deportivo en toda a súa historia, se sincera hoxe mércores nas páxinas de Dépor Sport. "O Depor non é un equipo feito para estar en metade da táboa, senón para competir cos mellores de Europa. Eu gocei moi

Segundo o futbolista brasileiro, "é importante que a xente vexa que existen diferenzas de estrutura e de poderío económico. Con todo, estamos aí loitando con eles. Nestes momentos é cando máis hai que estar xuntos. Á hora de celebrar os títulos e ir á fonte de Catro Camiños estamos todos, pero cando as cousas van mal tamén hai que estar unidos. Nós tamén estamos decepcionados. Por desgraza as cousas non están a saír do todo ben. Por iso, é agora cando debemos mostrar unidade ante a adversidade", apunta.

E é agora, cando o equipo non está arriba, cando Mauro Silva pide, a través de Dépor Sport, apoio: "O Barça non puido manter o nivel do Dépor nos últimos tempos. Agora ninguén se acorda dos anos que levan fóra da Champions. O noso ten mérito. Por iso, é importante ter apoios de todas partes para que isto funcione".

Por esta razón, o eterno cerebro deportivista pide que a xente se implique na ampliación de capital. "É importante se queremos ver ao noso equipo no máis alto. Xa non digo estar ao nivel do Madrid ou do Barcelona, pero polo menos ter uns ingresos que permitan que se o Madrid ficha unha punta, nós podamos acertar con outro que custe o dez por cento", conclúe.