RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Hoxe en Depor Sport...<br>Munitis: "estamos no noso mellor momento"

Pedro Munitis se sincera en Dépor Sport, o xornal oficial do Deportivo.Vaia puntos máis importantes que se sacaron en Albacete!A verdade é que si. Facíannos falta para encadear unha serie de resultados que nos fosen favorables e así achegarnos a Europa o

Que diferenzas houbo entre a primeira e a segunda parte?
Buscamos o gol desde o primeiro momento e tivemos varias ocasións para sentenciar . Tras o descanso tocou defender o tanto que conseguimos na primeira metade.

Houbo penalti na xogada na que caeu na área rival?
Para min foi, pero fíxeno un desastre. Tiña intención de seguir a xogada, pero sentín un contacto e a verdade é que esaxerei un pouquiño a caída. Se seguise co balón e sen esaxerar seguro que pitase a pena máxima. Debe ser a falta de costume, son cousas que se notan ao non xogar cada xornada.

Acusou levar sete encontros sen ser titular?
Xogar de partida dáche confianza, as cousas saen case sen pensar. Os primeiros minutos noteino un pouquiño, pero a verdade é que logo me atopei francamente ben.

Espera ter continuidade no once inicial ante o Barça?
Son cousas que non me expoño, xa que non dependen de min. Eu trato de facer ben as cousas e creo que traballei para o equipo e fixen un bo partido en Albacete.

Cre que ao final o Depor meterase na liga de Campións?
Se seguimos con este refacho de bos resultados, o normal é que esteamos aí. O partido do sábado é moi importante. Se somos capaces de sacar unha vitoria estariamos moi cerquita de meternos entre o catro primeiros.

Ao principio de tempada parecía difícil estar neses postos...
Houbo momentos complicados nos que xogamos bos partidos pero non eramos capaces de gañar. Si é certo que durante a tempada houbo algunha dúbida, pero quedou atrás.

Que falla en Riazor?
É a nosa materia pendente esta campaña. Fóra sacamos moitísimos puntos e en Riazor, que é onde outros anos o equipo foi forte e onde baseou os seus éxitos, non se nos deu moi ben. Se ao final gañamos en casa, estaremos aí.

Como chega o Barcelona?
Non está a facer un fútbol tan brillante como o que fixo a primeira volta. É un equipo moi maduro, e que sabe xogar todo tipo de partidos: cando se lle pon feo ou de face. Vai ser moi complicado.

Como se lle debe xogar?
Se facemos o noso xogo, somos capaces de gañarlle a calquera. Non hai que perder balóns en defensa e no centro do campo. Eles apertan moi ben e en canto perden a pelota presionan moito. Se róubanche o esférico pódenche sorprender dada a súa velocidade.

Considera que Ronaldinho a baixado un pouco o pistón?
Non é que Ronaldinho baixase, senón que ten compañeiros que lle ensombrecen un pouquiño. Quizá non é tan necesaria a súa brillantez. O equipo funciona moi ben e cada cal é mellor.

Deco...
É o xogador máis importante do Barcelona. Polo seu traballo defensivo e porque cando ten o balón controlado faino con moito criterio. Ademais mete goles. É o mellor futbolista do Barça.

Cre que Depor e Barça chegan moi parellos ao encontro?
Estamos no noso mellor momento da tempada, polo menos en canto a resultados. Chegan ao noso estadio, que é onde hai que facerse fortes.

Pecou o Barça de prepotencia ao querer gañar o tres competicións?
Non. O Barcelona, como o Madrid, é un equipo que ten que pelexar cada competición que xoga. Fixo unha boísima Liga de Campións e eliminoulle un club que agora mesmo está moi forte, aínda que tamén tivo ocasións para pasar. A liga tena moi favorable, polo que de prepotencia, nada. Gañar o tres competicións é moi difícil. A principio de tempada hai que saír con esa mentalidade, tanto eles como nós e calquera equipo que dispute o tres torneos.

Dado o seu pasado madridista queda un sabor máis doce ao gañarlle aos
azulgranas? Non especialmente. É atractivo porque xogar contra bos futbolistas gústalle a todo o mundo.