RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Hoxe vin actuacións de moitos dos meus futbolistas a un nivel moi superior do que vimos en Santiago", destaca Fernando Vázquez

Fernando Vázquez manifestou ao finalizar o encontro no Estadio Reina Sofía de Salamanca que "nestes momentos estamos para gañar independentemente dos medios que podamos pór para conseguilo. Sacar puntos é importante á espera de que futbolistas e que o desenvolvemento do equipo poida producir triunfos máis fáciles, máis esmagadores. Viñamos buscar un bo resultado nun campo complicado ante un rival máis afeito que nós a xogar neste terreo de xogo; e cun adestrador intelixente".

O técnico deportivista considera que "adiantarte no marcador sempre é importante. Tes moitas posibilidades de gañar o partido. E nós fixémolo moi ao comezo de partido nun terreo de xogo que sabía que nos ía a custar moito".

Confesa estar á espera de que "os futbolistas destaquen por si sós. Hoxe vin actuacións de moitos dos meus futbolistas a un nivel moi superior do que vimos o outro día en Santiago. Iso a min xa me pon moi contento".

Lamentouse da lesión de Derik, da cal dixo que tiña "mala pinta. Non me quero pronunciar pero non parece fácil de arranxar". De feito destaca o labor de Álex Bergantiños no centro da defensa: "Demostra intelixencia táctica para saltar cando ten que saltar. Que imos dicir de Álex? Serve para todo. Se o necesitásemos para varrer, sería un gran barrendeiro. Fiabilidade absoluta".

Nesta liña, reitera o adestrador branquiazul que "nunha semana cáenme dous laterais e dous centrais importantes", en alusión ás lesións de Bóveda, Salva Ruiz, Borja Granero, que hoxe non puido actuar por esas molestias nun xeonllo, e a citada de Derik.