RCD / NOVAS

Hugo Baldomar dá o triunfo ao Xuvenil B en Redondela no minuto 90

30/11/2019 18:14

Un gol de Hugo Baldomar no minuto 90 deu os 3 puntos ao Xuvenil B no seu partido en Redondela ante o CD Choco (1-2), correspondente á 13ª xornada na liga Nacional.

Do Carmo adiantou ao conxunto deportivista no minuto 60. Igualou o Choco no 86, pero reaccionou ben o Xuvenil B co tanto definitivo de Hugo Baldomar no último suspiro.

Con este resultado, o Xuvenil B é 2º na táboa con 28 puntos, a 9 do RC Celta B, líder con 37.

Xuvenil B: Brais, Álex Mellid, Añón, Carracedo, Mauro, Pablo Martínez, Nájera, Portas, Do Carmo, Jairo e Padín. Tamén xogaron: Axel, Hugo Baldomar e Dani Barcia.

O vindeiro venres 6 de decembro, día festivo, o Xuvenil B recibe en Abegondo (12:30) ao EF Lalín.

Os resultados do Xuvenil B que prepara Jaime Sánchez son os seguintes:

Xuvenil B 3 (Noel, Añón e Urdiales) - Alondras CF 4
RC Celta B 1 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 4 (Carracedo, Portas, Noel e Padín) - Ourense CF 5
ED Val Miñor B 0 - Xuvenil B 5 (Aye, Noel, Añón, Nájera e Padín)
Rápido de Bouzas 3 - Xuvenil B 3 (Aye, Nájera e Noel)
Xuvenil B 3 (Nájera, Urdiales e Padín) - CD Lugo B 0
CVC Valladares 1 - Xuvenil B 3 (Noel -2- e un futbolista rival en propia meta)
Xuvenil B 3 (Nájera -2- e Do Carmo) - Pontevedra CF 0
Pabellón Ourense CF 1 - Xuvenil B 2 (Do Carmo e Noel)
Xuvenil B 4 (Padín, Do Carmo e Nájera -2-) - Victoria CF 0
UD Ourense 0 - Xuvenil B 3 (Nájera, Jairo e Nils)
Juvenil B 5 (Do Carmo -2-, Padín -2- e Urdiales) - SD O Val 1
CD Choco 1 - Juvenil B 2 (Do Carmo e Hugo Baldomar)