RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Hugo Baldomar e Martín Ochoa desatascan o amigable do Xuvenil A fronte ao San Tirso SD de Preferente

O amigable do Xuvenil A no campo do Viso de Arzúa, previsto para mañá domingo 29 de agosto, foi suspendido por un caso de COVID-19 no equipo arzuán.

No seu lugar, o cadro branquiazul que dirixe Manuel Pablo recibiu en Abegondo (campo principal) ao San Tirso SD de Preferente Autonómica.

Hugo Baldomar e Martín Ochoa, dous dos goleadores de #ANOSACANTEIRA, anotaron nun triunfo branquiazul que se cociñou na segunda metade (2-0).

Xuvenil A: Hugo Ríos, Quique, Mauro, Seydiba, Mario, Rubén, Nacho, Urdiales, Pablo Trigo, Hugo Baldomar e Garaboa. Tamén xogaron: Martín Ochoa, Manu Rivas, Mato, Diego, Nils, Mardones e Álex.

A próxima cita para o actual campión de España será o próximo 31 de agosto a partir das 14:00 horas en Nyon co sorteo da UEFA Youth League, na ruta dos campións nacionais.

O do San Tirso SD foi o terceiro amigable está pretemporada para o Xuvenil A, nun verán que marcha así:

Xuvenil A 4 (Martín Ochoa -2-, David Gómez e Hugo Baldomar) - SD Compostela 3
SD Sofán (3ª RFEF) 2 - Xuvenil A 1 (Pablo Trigo)
Xuvenil A 2 (Hugo Baldomar e Martín Ochoa) - San Tirso SD (Preferente Autonómica) 0
CSD Arzúa - Xuvenil A, suspendido