RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Hungría examina mañá sábado en Santiago a España e a Teresa Abelleira

- Foto: Gonzalo Salgado / www.futgal.es -

Teresa Abelleira está concentrada coa selección española sub-19 nun Mini Torneo Elite no Estadio Vero Boquete San Lázaro (Santiago de Compostela), até o 9 de abril.

Todos os partidos son gratis, pero os afeccionados deben pasar previamente polo despacho de billetes para retirar a súa entrada, condición indispensable para acceder ao estadio, tal e como recolle a regulamentación UEFA.

Mañá sábado 6 de abril (18:30), España mídese a Hungría no segundo test desta competición.

España debutou o pasado mércores 3 de abril fronte a Serbia. A capitá do Deportivo ABANCA foi titular e xogou completo un partido no que venceron as españolas (2-0), grazas ao dobrete goleador de Eva Navarro.

O calendario completo de partidos da selección española é o seguinte:

Mércores 3 de abril
ESPAÑA 2 - SERBIA 0

Sábado 6 de abril
18:30: ESPAÑA - HUNGRÍA

Martes 9 de abril
18:30: REPÚBLICA DE IRLANDA - ESPAÑA

Por este motivo, Teresa Abelleira será baixa o vindeiro domingo 7 de abril (16:00 horas) no partido correspondente á 3ª xornada no grupo 1º da Copa Galicia de Segunda División Nacional no campo de Santa Isabel de Santiago ante o Victoria FC.

A capitá branquiazul é unha das internacionais españolas coas que conta o Deportivo ABANCA, do mesmo xeito que Nuria Rábano, Malena Mieres e Carlota, esta última do Deportivo ABANCA B.