RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ian Mackay define o partido como "feo" e Mario Soriano opina que o Dépor "competiu ben"

O capitán Ian Mackay e Mario Soriano pasáronse pola zona mixta do Estadio Municipal de La Línea de la Concepción.

O porteiro coruñés apunta que "o que queremos é gañar. Non o conseguimos. Tivemos algunha ocasión bastante clara como a de Lucas Pérez na primeira parte e o remate de Quiles ao traveseiro. Eles tiveron unha na primeira parte clara e un tiro na segunda. Foi un partido feo, non moi bonito. Está a custarnos fóra de ABANCA-RIAZOR".

Comenta que polo vento reinante en La Línea de la Concepción "na primeira parte con calquera pelotazo metíanche aí atrás. Non estivemos todo o finos que nos gustaría. Comparado co partido de Talavera de la Reina alí levámonos os 3 puntos e aquí só un. Queremos sacar os 3 puntos sempre pero este punto témolo que facer bo o domingo contra o Real Madrid Castilla".

Despois de 5 partidos consecutivos coa porta a cero, lembra que "o meu traballo é tentar que a portería quede a cero os máximos minutos posibles. Iso significa que nos imos a levar un punto si ou si. Logo fóra de ABANCA-RIAZOR facer gol está a custarnos. Non é novidade o que temos que mellorar. En casa somos máis dominadores, temos máis ocasións e fóra estanos custando".

Advirte que tanto o Real Madrid Castilla como o AD Alcorcón "teñen que vir a ABANCA-RIAZOR e que nos gañen. O primeiro é esta fin de semana. Temos que tentar sacar os 3 puntos en todos os partidos fóra de casa pero todos os equipos vanse a deixar puntos fóra porque os equipos se xogan todas as castañas. Nunca se sabe se este punto pódenos facer gañar a liga".

Pola súa banda, Mario Soriano valora "positivamente" este empate: "O equipo competiu moi ben. Tivemos outra vez a portería a cero, tivemos tres ocasións que non acertamos. Hai que seguir traballando. Quedan 12 partidos. A traballar mañá, a pensar xa no Real Madrid Castilla e a conseguir os 3 puntos nun partido que vai ser moi difícil".

O atacante deportivista cre que esta media de vitoria en ABANCA-RIAZOR e empate fóra pode ser suficiente para lograr o ascenso porque "quedan moitos puntos sobre a mesa, moitos partidos. Sabiamos que o de hoxe ía ser moi complicado. Queriamos gañar. Na segunda parte hase visto que tivemos máis control do partido, as ocasións, o control do balón. A primeira parte foi máis de ida e volta".

Despois de actuar de mediapunta un tramo do partido, confesa que séntese "máis cómodo por dentro. A partir de que saíu Kike Saverio recibín máis balóns porque había moito espazo entre a súa liña defensiva e de centrocampistas. Toquei máis o balón, tivemos ese control do balón e filtramos ben. Onde me poña o míster vou axudar, a achegar o meu graniño de area".