RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Ignacio Igrexas Villanueva e María Eugenia Gil Soriano arbitran o Trofeo Teresa Herrera

  Os colexiados galegos Ignacio Igrexas Villanueva e María Eugenia Gil Soriano serán os encargados de arbitrar os dous partidos do Trofeo Teresa Herrera.

O colexiado galego Ignacio Igrexas Villanueva pitará o partido que Deportivo e Vilarreal disputarán mañá martes (20.30 horas, Riazor) coa 71 edición do Trofeo Teresa Herrera, auxiliado nas bandas por Alfonso Costoya Rodríguez e Enrique Ramos Ferreirós. O cuarto árbitro será Alain Kevin García Martín.
 
Pola súa banda, María Eugenia Gil Soriano arbitrará a final da cuarta edición do Trofeo Teresa Herrera feminino, entre o Deportivo e o Vilarreal (18.15, Riazor), contando no seu equipo con Tania Fente Pena, Andrea Baneira Suárez e Elena Casal Fernández como cuarta asistente.