RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Igualada de Celso Borges con Costa Rica e derrota de Piette con Canadá

  Celso Borges con Costa Rica e Sam Piette con Canadá disputaron esta pasada madrugada (en España) a segunda xornada da Copa de Ouro da CONCACAF. Borges jugó todo o partido no empate de Costa Rica ante O Salvador (1-1). Os sa

O próximo 15 de xullo, Costa Rica enfróntase a Canadá de Sam Piette, nun partido decisivo para a clasificación á fase seguinte.
 
O calendario de Costa Rica é o seguinte:
 
COSTA RICA 2 - XAMAICA 2
COSTA RICA 1 - O SALVADOR 1
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA, no BMO Field de Toronto (Canadá)
 
O mediocentro branquiazul permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro, cuxos partidos definitivos serán o 18 e 19 de xullo (cuartos de final), o 22 de xullo (semifinais), o 25 de xullo (final de consolación) e o 26 de xullo (final).
 
Por outra banda, Sam Piette e a súa selección, Canadá, caeu ante Xamaica (1-0) cun gol no desconto. O mediocentro fabrilista foi titular e xogou 80 minutos, ata que foi substituído por Hainault.
 
Piette tivo no minuto 7 de partido unha gran oportunidade para adiantar a Canadá, pero o seu duro disparo rexeitouno un defensor rival.
 
O vindeiro mércores 15 de xullo, Piette enfróntase a Borges no terceiro e definitivo partido desta Primeira Fase.
 
A Copa de Ouro ten o seguinte calendario para Piette e Canadá:
 
O SALVADOR 0 - CANADÁ 0
XAMAICA 1 - CANADÁ 0
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA, no BMO Field de Toronto (Canadá).
 
Do mesmo xeito que Borges, Sam Piette permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro