RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Íker Casuso decidiu o amigable do Infantil en Carballo

O Infantil do Dépor está inmerso nunha nova semana de pretemporada cunha esixente dobre cita amigable, en ambos os casos ante rivais cadetes, é dicir, unha categoría superior.

Onte mércores 22 de setembro, o equipo que dirixe Miguel Figueira mediuse nas Eiroas (Carballo) ao Bergantiños CF. O choque decidiuse cun gol do dianteiro deportivista Íker Casuso (0-1).

Infantil: Rodrigo, Guille, Íker Fernández, Xoel, Janusz, Abel, Mosquera, Frank, Balbas, Rubén e Marcos. Tamén xogaron: Diego, Íker Casuso, Xabi Campos, Iago, Ioan, Leandro e Gabriel.

O sábado 25, a Infantil visita á SD O Val no campo de Sinde de Narón a partir das 12:30 horas, nun novo test amigable.

A pretemporada marcha así para o equipo deportivista:

Amigable: Infantil 5 (Lucas Regueiro, Casuso, Hugo Ramos e Diego López -2-) - CD Calasanz B 1
Oviedo Cup: Infantil 11 (Ioan -3-, Janusz -2-, Rubén -2-, Hugo, Lucas e Iker Casuso -2-) - UD Llanera 0
Oviedo Cup: Juventud Estadio 0 - Infantil 4 (Lucas, Mosquera, Diego e Janusz)
Oviedo Cup: Infantil 2 (Íker Casuso -2-) - Sporting de Gijón 0
Oviedo Cup: Infantil 0 - Atlético de Madrid 10
Amigable: Infantil 10 (Janusz -2-, Rubén -2-, Marcos -2-, Mosquera, Diego, Lucas e Hugo) - Victoria CF A 0
Torneo Apertura Monteporreiro: EF Portero 2000 0 - Infantil 3 (Xabi e Íker Casuso -2-)
Torneo Apertura Monteporreiro: Arosa SC 0 - Infantil 2 (Balbas e Íker Casuso)
Torneo Apertura Monteporreiro: Infantil 0 - RC Celta 0
Amigable: Bergantiños CF (cadete) 0 - Infantil 1 (Íker Casuso)
Amigable: SD O Val (cadete) - Infantil, o sábado 26 de setembro ás 12:30 no campo de Sinde