RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Íker Rozada foi o protagonista da vitoria do Alevín A, segunda na Primeira Autonómica de fútbol oito

Íker Rozada foi o protagonista do triunfo do Alevín A (12-1) ante o Imperátor OAR B, en partido correspondente á 2ª xornada no grupo A da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito.

O xogador deportivista anotou oito dos doce goles do seu equipo, asinando un partido redondo. Mauro, Joaquín -2- e Alberto completaron o marcador favorable aos branquiazuis.

Con este resultado, o Alevín A suma seis puntos de seis posibles.

Alevín A: Diego, Xoel, Samuel, Gael, Íker Rozada, Mauro, Alberto e Sergio. Tamén xogaron: Uxío e Joaquín.

En quince días, posto que a próxima fin de semana non hai competición, o Alevín A mídese ao Ural Español CF A.

Os resultados até a data do equipo que dirixen Manuel Manovel e José Manuel Arrojo 'Noni' son os seguintes:

CF Deportivo Orzán A 0 - Alevín A 11 (Sergio -3-, Gael -2-, Íker -3-, Uxío, Alberto e Mauro)
Alevín A 12 (Mauro, Íker -8-, Joaquín -2- e Alberto) - Imperátor OAR B 1