RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ilusión deportivista en Eroski Center con Mosquera, Navarro e Arribas

O capitán Pedro Mosquera, o campión de Europa con España Fernando Navarro e o central campión da Europa League co Sevilla, Alejandro Arribas, levaron a ilusión deportivista, da man de Estrella Galicia, a Eroski Center da rúa Pérez Cepeda da Coruña.

Ás 19.00 horas, unha longa cola de afeccionados agardaba a chegada do tres futbolistas branquiazuis, que están entre os máis queridos polo deportivismo. Cunha maioritaria presenza de nenos e nenas, todos puideron fotografarse cos seus ídolos e levar de agasallo unha postal asinada e un póster oficial da Temporada 2016-17.

Ademais, calquera obxecto serviu de escusa para levar unha firma do tres: móbiles, camisetas, balóns... ata escaiolas nun par de brazos rotos.

Moitos ademais tiveron a oportunidade de charlar cos futbolistas, especialmente Pedro Mosquera, cuxo domicilio paterno está a uns 100 metros de Eroski Center.

Desta brillante forma púxose o punto e final e unha serie de actos de Estrella Galicia e o Deportivo en varios centros comerciais da Coruña. Así, o pasado mércores 12 de abril, Laure, Juanfran e Marlos Moreno pasáronse polo Híper Gadis de Bastiagueiro. E onte martes, Álex Bergantiños, Joselu e Albentosa asinaron autógrafos no Hipercor de Marineda City.