RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Imos Dépor Imos! Entradas a 10 euros para os socios para os dous próximos partidos en ABANCA-RIAZOR

Dentro da conta atrás para o desenlace de LaLiga 2018-2019, o Dépor afronta dúas citas craves en casa, dous finais en abril en ABANCA-RIAZOR. O Real Club Deportivo quere facilitar a todos os seus seguidores a posibilidade de estar detrás do equipo no momento decisivo do ano.

Por iso, o Club, ademais de animar aos seus 23.454 socios a facer uso do seu carné e non perderse ningunha das citas, decidiu facilitar a todos eses socios e accionistas deportivistas a posibilidade de sumar apoios no Estadio pondo á súa disposición packs indivisibles de entradas a 10 euros para calquera bancada e para os 2 próximos partidos en ABANCA-RIAZOR: o Dépor-Rayo Majadahonda do sábado 6 de abril ás 16:00 h. e o Dépor-Extremadura UD do domingo 21 ás 16:00 h.

Os packs (máximo 4 packs por socio) e entradas están á venda na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas e nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City en horario ininterrompido de luns a sábado de 10:00 a 20:30 (Estadio) e de 10:00 a 22:00 h. (Marineda).

O día de partido as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro tamén de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.

Os packs só pódense adquirir presencialmente en calquera dos 4 puntos de venda habilitados polo Real Club Deportivo.