RCD / NOVAS

Imos saír a competir (no Camp Nou) sen ningún medo, advirte Albentosa

  Raúl Albentosa foi o protagonista na sala de prensa de Abegondo. "É complicado, está claro, pero imos saír a competir sen ningún medo e a tentar sacar o tres puntos", di do partido do Deportivo deste sábado 15 de outubro no Camp Nou ante o FC Barcelona (16.15, Bein Sports).

13/10/2016 20:26

Nesta liña advirte que "nós imos tentar tamén demostrar algo. Logo eles bótanche atrás e defendes. Pero imos tentar chegar á outra portaría, que non sexa vexa coma se fose 'Oliver e Benji', que está alí alén".
 
O central deportivista prefire un Barça sen Messi: "Eu non quero xogar contra o mellor ou posiblemente dos mellores, porque hai máis posibilidades de que eles teñan máis ocasións ou poidan gañar o partido. Son os mellores do mundo e para iso cobran o que cobran, ou fan o que fan. Eu prefiro que non xogue".
 
Confesa que o Dépor "está con ganas de seguir co refacho de traballo que tivemos. Ten moitas ganas de afrontar este partido e de ir a un gran campo como é o Camp Nou".
 
Defina ao Barcelona como un equipo "que ten moita variedade. Ten entrada de segunda liña, ten o tres de arriba que teñen moitas individualidades, paredes... Xa que os vimos tantos partidos, temos que contrarrestar o que sabemos que fan ben".

Máis novas de: ALBENTOSA