RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Imposible sen ti", campaña de Dépor, Celta e Abanca por #onosoderbi, nomeada aos premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual nomeou ao anuncio "Imposible sen ti", estreado con motivo do Celta-Dépor da primeira volta de LaLiga, ao premio Mestre Mateo 2017 na categoría de mellor anuncio publicitario.

A gala na que se coñecerá se o traballo audiovisual consegue o premio terá lugar o próximo 4 de marzo en PALEXCO, quince días antes do Dépor-Celta da segunda volta.

"Imposible sen ti" é unha campaña posta en marcha polo Real Club Deportivo e o Real Club Celta a pasada temporada e que nesta edición conta co respaldo dun dos principais sponsors de ambos os clubs: Abanca.

O obxectivo é promover a concordia entre afeccións nas previas aos derbis e aproveitar a forza de ambas as entidades para trasladar tanto esa mensaxe como outros de importante calado social. Baixo o lema "Imposible sen ti", a pasada temporada, con motivo do derbi da segunda volta, levouse a cabo unha campaña de doazón de sangue que conseguiu o segundo maior rexistro de doazóns da historia en Galicia tras a mobilización cidadá polo accidente do Alvia en Santiago.

Xa a pasada temporada, o primeiro dos spots de "Imposible sen ti", conseguiu o premio Mestre Mateo ao mellor anuncio 2016