O Bar Burdeos, na Avenida Concordia 14, sede da Peña IRC Deportivo, acolleu onte á noite a inauguración desta nova agrupación branquiazul presidida por Pablo López Canto. En representación do Real Club Deportivo acudiron o capitán Pedro Mosquera e unha das novas incorporacións desta temporada, Fede Valverde.
Xunto a eles asistiron Gelines Romero, directora da área social do Club, Juan Lagarda, Oficial de Enlace coa Afección, Noelia Díaz e Luis Martínez, directivos da Federación de Peñas do Real Club Deportivo.