RCD / NOVAS

Inaugurada a Peña O Rompeolas

12/02/2020 21:58

Borja Valle e Luis Ruiz foron os padriños na posta de longo da Peña Deportivista El Rompeolas. Con sede no bar homónimo, xusto enfronte do Estadio ABANCA-RIAZOR, a gran afluencia de peñistas ao acto fixo que se trasladase a outro dos locais do grupo hostaleiro, na mesma rúa. A Pulpeira do Rompeolas acolleu o evento no que tamén participou o conselleiro Federico García Poncet.

Coa foto de familia, o intercambio de recordos co Club e a Federación de Peñas, e unha agradable charla entre os asistentes púxose oficialmente en marcha unha nova agrupación que eleva até as 187 as peñas deportivistas existentes ao longo e ancho do mundo.