RCD / NOVAS

Incuestionable triunfo do Xuvenil B en Lalín

30/01/2021 19:38

O líder do subgrupo A da Liga Nacional, o Xuvenil B, colleitou un incontestable triunfo ante o EF Lalín (0-3), en partido correspondente á 11ª xornada.

Os goles de Martín Ochoa -2- e Carlos Rodríguez plasmaron no marcador do anexo ao Manuel Anxo Cortizo de Lalín a superioridade branquiazul en todas as facetas do xogo.

Con este marcador, o Xuvenil B de Alejandro Antón e Aldo Duscher manda na táboa con 30 puntos de 30 posibles; a falta de disputar en Abegondo ante o Racing Villalbés, aprazado a pasada semana por un caso de COVID-19 no conxunto lucense. Segundo é a SD Compostela, con 24 puntos e os mesmos partidos xogados que os branquiazuis.

Xuvenil B: Lemos, Carlos Rodríguez, Manu Berrocal, Seydiba, Nico, Rubén, Marcelo, Embid, Martín Ochoa, Roque e Álex González. Tamén xogaron: Íker Méndez, Hugo Baldomar, Diego Gómez e Quique Teijo.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B recibe na Cidade Deportiva á SD O Val.

Os resultados do Xuvenil B en liga até a data son os seguintes:

Racing Villalbés 0 - Xuvenil B 4 (Diego Gómez, Embid, Hugo Baldomar e Martín Ochoa)
Xuvenil B 5 (Diego Gómez, Nacho, Trigo, Hugo Baldomar e Adrián Lombao) - EF Lalín 0
SD O Val 1 - Xuvenil B 3 (Rubén e Martín Ochoa -2-)
Xuvenil B 3 (Martín Ochoa -2- e Trigo) - Pontevedra CF 0
CD Lugo B 0 - Xuvenil B 2 (Martín Ochoa e Embid)
Xuvenil B 2 (Álex González e Diego Gómez) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Xuvenil B 3 (Canales, Diego Gómez e Martín Ochoa) - Victoria CF 0
SD Compostela 1 - Xuvenil B 2 (Martín Ochoa e Quique Teijo)
Xuvenil B 2 (Martín Ochoa e Hugo Baldomar) - Arosa SC 0
Xuvenil B - Racing Villalbés, aprazado
EF Lalín 0 - Xuvenil B 3 (Martín Ochoa -2- e Carlos Rodríguez)