RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Indiscutible triunfo do Cadete ante o Pontevedra no día do debut de Pablo García con España sub-15

Indiscutible triunfo en Abegondo do Cadete (10-0) ante un desbordado Pontevedra CF, en partido correspondente á 14ª xornada na División de Honra que se xoga entre semana aproveitando a festividade do xoves 8 de decembro.

Nico Ruiz, André -2-, Telmo, José Rey, Dani -2-, Lucas, Brian e Pablo Pereda foron os goleadores branquiazuis nun choque que quedou resolto xa nos primeiros 25 minutos cos 4 primeiros tantos deportivistas.

Foi baixa obrigada Pablo García, que debutou coa selección española sub-15 no seu partido ante Arabia Saudita do Torneo Football Federations Cup. O lateral coruñés colle así a substitución do seu compañeiro José Rey, campión hai unhas semanas coa sub-16 deste mesmo torneo.

Co triunfo ante o Pontevedra CF, o Cadete suma 42 puntos de 42 posibles e marcha líder destacado da División de Honra.

Cadete: Yeray, Vergara, Uxío, Samuel, Carlos, Telmo, José Rey, André, Rubén, Nico Ruiz e Dani. Tamén xogaron: Brian, Pablo Pereda, Íker Gil e Lucas.

O vindeiro sábado 10, o conxunto que dirixe Daniel González visita ao Racing de Ferrol, ás 12:00 no campo de Aneiros.

Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:

Cadete 4 (Nico Ruiz -2- e Lucas -2-) - CD Lugo 0
AJ Lérez 0 - Cadete 4 (Lucas, Nico Ruiz, André e Iker Gil)
Cadete 3 (José Rey -2- e Lucas) - RC Celta 1
Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 4 (Telmo -2-, Dani e Rubén)
Cadete 5 (Rubén, Lucas -2-, José Rey e Pablo Pereda) - Ural Español CF 1
CD Conxo Santiago 1 - Cadete 5 (Rubén -2-, Samuel, José Rey e Jairo)
Cadete 3 (André, Rubén e Nico Ruiz) - Viveiro CF 1
CD Areosa 0 - Cadete 4 (Xian -2-, Lucas e André)
Cadete 2 (Rubén e Brian) - Coruxo FC 0
CD Choco 0 - Cadete 9 (Xián, Nico Ruiz, Dani -3-, Iker Gil -2- e Brian -2-)
Cadete 8 (Rubén -3-, Lucas, Pablo García e Dani -3-) - ED Xuventude de Oroso 0
San Tirso SD Cadete 0 - Cadete 4 (Rubén -2-, Lucas e Nico Ruiz)
Cadete 10 (Nico Ruiz, André -2-, Telmo, José Rey, Dani -2-, Lucas, Brian e Pablo Pereda) - Pontevedra CF 0