RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Inés Altamira ve agora un Dépor ABANCA "moito máis solto"

Inés Altamira, central do Deportivo ABANCA, fixo na sala de prensa de Abegondo un balance "moi bo" do que vai de campaña: "Levamos unha boa xeira de puntuación e iso é importante para o noso obxectivo".

Conta que Miguel Llorente, técnico branquiazul, "desde o principio quíxonos transmitir unha idea moi clara, que xoguemos xuntas, que nos relacionemos moito entre nós, que sexamos un equipo atrevido, que queira a pelota, que cando perda o balón recupere rápido. Todas as semanas traballamos sobre eses aspectos. Obviamente aínda é o principio e hai moitas cousas que mellorar. Pero principalmente traballamos sobre iso".

Despois de estar sobre o céspede todos os minutos en Liga e Copa, lembra que chegaba ao Dépor ABANCA, "a un novo reto cargada de ilusión. Quería vir aquí a ser importante e a xogar. Non só é un aspecto que dependa de min. Estou feliz de poder estar a contar con eses minutos e de achegar ao equipo todo o mellor de min. Iso ao final é o máis importante para o beneficio do equipo".

A pesar do calendario cargado neste tramo da temporada, asegura que o equipo fisicamente "está ben, nunha boa dinámica. Iso é importante para que séntase ben despois de tres partidos dunha semana longa, de viaxar a sitios a moitos quilómetros. Estamos ben, con moitas ganas de competir. Cando encadeas unha boa xeira de resultados, nós como xogadoras non queremos nin parar".

Iso si, deixa claro que "ao final os resultados son importantes. Á parte de ter unhas boas sensacións, sempre queres que se vexa plasmado en conseguir a vitoria ou conseguir os tres puntos. O partido do Pozuelo CF veunos moi ben para coller boas sensacións nese aspecto, lograr un partido cunha ampla goleada e que a xente tamén collese mellores sensacións. O outro día contra o Zaragoza CFF iso tamén se viu plasmado que o equipo estaba moito máis solto".

Sobre o partido deste domingo 17 de outubro ante o SE AEM en Abegondo (13:00 horas), recalca que "imos estar centradas na nosa idea de xogo. Ou sexa que sairemos a facer o mesmo que estamos a facer semana a semana".

Finalmente, preguntada pola igualdade no grupo norte de Reto Iberdrola, Inés Altamira, que xogou as últimas temporadas en Primeira co RCD Espanyol, opina que "non coñecía a a categoría previamente e estase vendo unha liga moi igualada, con moito nivel. Vai ser moi complicada. Contra calquera equipo pódense perder puntos. Vai ser unha liga moi longa e vai requirir moita regularidade".