RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Infantil A, Alevín A e Benxamín B soben a #ANOSACANTEIRA ao podio en Almería, Vigo e Portugal

Gran fin de semana para #ANOSACANTEIRA, que subiu ao podio na Levante Cup (subcampeonato para o Infantil A), o Torneo Talleres Castiñeira en Vigo (título para o Alevín A) e a Barrinha International Cup de Portugal (ouro para o Benxamín B).

O Infantil A, brillante subcampión da Levante Cup

O Infantil A, subcampión galego, competiu no Levante Cup 2018, un torneo de fútbol 11 que se disputou en Almería, en catro sedes (Garrucha, Mojácar, Turre e Vera), desde o pasado venres 22 a hoxe domingo 24 de xuño.

O conxunto deportivista logrou un meritorio subcampeonato, após caer na quenda de penaltis da final co CD Vera. Ademais, o futbolista branquiazul Sergio foi o mellor xogador do torneo.

Os resultados do Infantil A foron os seguintes:

Primeira Fase
CD TIRO PICHÓN 2 - INFANTIL A 3 (Hugo Baldomar -2- e Álex González)
INFANTIL A 3 (Quique -2- e Xosé) - ÁGUILAS FC 0
INFANTIL A 1 (Dani) - CARTAGENA B 0

Domingo 24 de xuño
Fase polo título
Oitavos de final
INFANTIL A 5 (Álex González, Hugo Baldomar -2-, Xosé e Adrián Lombao) - CD MOJÁCAR 0

Cuartos de final
INFANTIL A 0 - BETIS 0. Por penaltis: 3-2

Semifinais
INFANTIL A 1 (Roque) - ATLÉTICO DE MADRID 0

Final
INFANTIL A 0 - CD VERA 0. Por penaltis: 2-3

O Alevín A, medalla de ouro da 12ª edición do Torneo Talleres Castiñeira

O Alevín A partía como un dos favoritos á medalla de ouro da 12ª edición do Torneo Talleres Castiñeira, cuxa Fase Final se xogou hoxe domingo 24 de xuño no campo vigués do Vao, organizado polo Coruxo FC.

O conxunto branquiazul, vixente campión galego, cumpriu as expectativas e foi brillante campión. O Alevín A de Roberto Veres non encaixou un só gol nos 6 partidos disputados.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Primeira Fase
ED VAL MIÑOR 0 - ALEVÍN A 0
ALEVÍN A 2 (Zoe e Lucas) - INDEPENDIENTE 0
ALEVÍN A 4 (Pablo -2-, Lucas e Guerrero) - RÁPIDO DE BOUZAS 0

Cuartos de final
ALEVÍN A 3 (Carballo -2- e Álvaro) - EF LALÍN 0

Semifinais
ALEVÍN A 6 (Oreiro, Héctor, David -2-, Samuel e Pablo) - SPANISH SOCCER SCHOOL 0

Final
ALEVÍN A 2 (Álvaro e Héctor) - LUGO 0

O Benxamín B dominou a Barrinha International Cup

O Benxamín B participou desde o pasado xoves 21 de xuño na Barrinha International Cup 2018, competición organizada polo Sporting Clube Esmoriz no Estadio da Barrinha de Esmoriz (Portugal). O obxectivo branquiazul era revalidar o título logrado en 2017 ante as mellores canteiras lusas; e conseguiuno.

O conxunto deportivista logrou a medalla de ouro cunha gran superioridade, como o proba o resultado da final ante Os Belenenses: 6-0 a favor do Benxamín B.

Os resultados do Benxamín B foron os seguintes:

Primeira Fase

Xoves 21 de xuño
CF OS BELENENSES 0 - BENXAMÍN B 1 (Ronquete)
BENXAMÍN B 11 (Caaveiro -2-, Ioan -2-, Trigo -2-, Paulo -3-, Mauro e Ronquete) - UNIÃO FCI TOMAR 0

Venres 22 de xuño
BENXAMÍN B 8 (Ronquete -2-, Mauro, Caaveiro, Ioan, Uxío, Nico e Cristian) - ANADIA FC 0
BENXAMÍN B 12 (Trigo -2-, Cristian -2-, Paulo -2-, Caaveiro, Ronquete, Uxío, Gael, Ioan e Nico) - CG PARAMOS 0

Sábado 23 de xuño
BENXAMÍN B 8 (Ioan -2-, Caaveiro, Mauro, Ronquete -2-, Gael e Uxío) - CD PAÇOS DE BRANDÃO 0

Domingo 24 de xuño
Semifinais
BENXAMÍN B 8 (Gael -4-, Uxío, Trigo, Roquete y Nico) - BOAVISTA 1

Final
BENXAMÍN B 6 (Sergio, Iago Vázquez, Nico, Mauro, Gael e Ronquete) - OS BELENENSES 0

Os penaltis frean ao Benxamín A en o Torneo Clae Cidade de Vilagarcía

O Benxamín A, na recta final da súa temporada, examinou esta fin de semana as súas forzas con motivo da 7ª edición do Torneo Clae Viajes Cidade de Vilagarcía, competición que se desenvolveu no campo Manuel Jiménez de Vilagarcía de Arousa.

Após unha boa Primeira Fase, o conxunto deportivista caeu en oitavos de final, nunha quenda de penaltis que esta vez sorriu ao rival, o Bansander.

Os resultados do Benxamín A foron os seguintes:

Primeira Fase

Sábado 23 de xuño
BENXAMÍN A 2 (Guille e Íker) - CD LAGUNA 1
BENXAMÍN A 2 (Balbas) - CD COVADONGA 0
BENXAMÍN A 0 - ATLÉTICO PERINES 0
BENXAMÍN A 3 (Janusz, Guille e Anxo) - CDA NAVALCARNERO 0

Domingo 24 de xuño
BENXAMÍN A 3 (Diego -2- e Iago) - ANTIGUOKO KIROL ELKARTEA 1

Oitavos de final
BENXAMÍN A 2 (Iago e Xavi) - BANSANDER 2. Por penaltis: 2-3