RCD / NOVAS

Infantil A e Alevín A gañaron o Torneo FootManía Oeste de Portugal

07/07/2019 21:57

Infantil A e Alevín A foron campións do Torneo Internacional FootManía Oeste en Santa Cruz, Torres Vedras (Portugal).

O Infantil A culmina un gran torneo

Hoxe domingo, o Infantil A culminou un gran torneo: pola mañá superou en semifinais ao Amora FC (4-2); e pola tarde exhibiu o seu potencial (6-0) ante o CD Mafra na final.

O balance deportivista foi de 6 triunfos en 6 partidos, con 35 goles a favor e tan só 4 en contra.

Os resultados do Infantil A foron os seguintes:

Primeira Fase
Xoves 4 de xullo
INFANTIL A 5 (Martiño, Sierra, Hugo Alvarellos, Santi Díaz e Marco Baña) - EAS TURCIFAL 1
INFANTIL A 5 (Mardones, Martiño, Santi Díaz e Hugo Alvarellos -2-) - AD BOBADELENSE 0

Venres 5 de xullo
INFANTIL A 7 (Mella -3-, Domínguez -2-, Martín e Mardones) - ACDC CORROIOS 0

Sábado 6 de xullo
INFANTIL A 8 (Martín -4-, Miguel, Martiño, Marco Baña e Daniel) - CERCA FC 1

Domingo 7 de xullo
Semifinal
INFANTIL A 4 (Mardones, Hugo, Martín e Mella) - AMORA FC 2

Final
INFANTIL A 6 (Mella -3-, Hugo, Sierra e Martín) - CD MAFRA 0

O Alevín A, brillante medalla de ouro con só 1 gol encaixado en 6 partidos

Domingo goleador do Alevín A nos partidos decisivos do torneo luso: 12-0 en semifinais ao ao SCU Torreense e 9-1 na gran final ante o BEF Cernache.

Así pois, dominio incontestable branquiazul na competición, con 53 goles a favor en 6 partidos; e tan só 1 en contra.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Primeira Fase
Xoves 4 de xullo
ALEVÍN A 14 (Jorge -5-, Rubén -4-, Xenxo -2-, Álex, Jairo e David) - GDR CASALINHENSE 0
UDR ALGÉS 0 - ALEVÍN A 2 (Rubén e Xenxo)

Venres 5 de xullo
ALEVÍN A 9 (Jorge -4-, Jairo -2-, Rubén, David e Erick) - CMF ARNEIROS 0

Sábado 6 de xullo
ALEVÍN A 7 (Erick -4-, Vergara e Rubén -2-) - CF BENFICA 0

Domingo 7 de xullo
Semifinal
ALEVÍN A 12 (Jairo -4-, Rubén -4-, Jorge -2-, Vergara e Xenxo) - SCU TORREENSE 0

Final
ALEVÍN A 9 (Rubén -3-, Jorge -2-, Xenxo, David, Álex e Carlos) - BEF CERNACHE 1