RCD / NOVAS

Infantil A e Alevín A xogan esta semana o Torneo Internacional FootManía Oeste en Santa Cruz, Torres Vedras (Portugal)

01/07/2019 12:34

Dous equipos branquiazuis, Infantil A e Alevín A, compiten ao longo desta semana no Torneo Internacional FootManía Oeste en Santa Cruz, Torres Vedras (Portugal).

O Infantil A quedou emparellado na Primeira Fase no grupo 1 con estes equipos: Cerca FC, ACDC Corroios, EAS Turcifal e AD Bobadelense.

O calendario inicial de partidos do conxunto deportivista en horario local (unha hora máis en España), é o seguinte:

Primeira Fase
Xoves 4 de xullo
10:45: INFANTIL A - EAS TURCIFAL, no Campo Novo do GDRC Ponterrolense
16:15: INFANTIL A - AD BOBADELENSE, no Estadio Polidesportivo do Cerca FC

Venres 5 de xullo
12:40: INFANTIL A - ACDC CORROIOS, no Estadio do GD Sobreirense

Sábado 6 de xullo
10:45: INFANTIL A - CERCA FC, no Estadio Polidesportivo do Cerca FC

O primeiro de grupo e o mellor segundo clasificado dos 3 grupos xogará a Fase Final Champions; mentres que o resto de equipos accede a unha Fase Final Respect para ditaminar a súa posición final no torneo.

O Alevín A, pola súa banda, ten como primeiros rivais ao Club Futebol Benfica, CMF Arneiros, CDR Casalinhense e UDR Algés.

O calendario inicial de partidos en horario local (unha hora máis en España), é o seguinte:

Primeira Fase
Xoves 4 de xullo
11:30: ALEVÍN A - GDR CASALINHENSE, no Estadio do GDR Casalinhense
17:15: UDR ALGÉS - ALEVÍN A, no Parque Maximino Franco dos Santos na dos Cunhados

Venres 5 de xullo
11:40: ALEVÍN A - CMF ARNEIROS, no Estadio do GD Sobreirense

Sábado 6 de xullo
11:30: ALEVÍN A - CF BENFICA, no Estadio do GDR Casalinhense

O primeiro de grupo xogará a Fase Final Champions; mentres que o resto de equipos accede a unha Fase Final Respect para ditaminar a súa posición final no torneo.