RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Infantil A e Benxamín A iniciaron con bo pé os torneos amigables de #ANOSACANTEIRA

Arrincou hoxe xoves a semana de torneos amigables en #ANOSACANTEIRA, con competición para o Infantil A (en Huesca), Alevín A (en Oviedo), Alevín B (en Vigo) e Benxamín A (en Palma de Mallorca).

O Infantil A xógase mañá o pase ás semifinais da Aragón Cup

O Infantil A, que se acaba de proclamar campión do grupo norte da liga Galega, compite na Aragón Cup 2018, torneo que se desenvolve en Huesca desde hoxe.

Na Primeira Fase, o conxunto deportivista quedou encadrado no grupo 1, coa SD Huesca A, Lacross Babel CF e Evergrande Football School.

Arrincou cun empate e un triunfo esta fase inicial. Mañá venres, no terceiro partido, xógase o pase á semifinal.

O calendario de competición do equipo que dirixe David Lagar é o seguinte:

Primeira Fase
Xoves 27 de decembro
SD HUESCA A 0 - INFANTIL A 0
EVERGRANDE FOOTBALL SCHOLL 1 - INFANTIL A 2 (Martín e Martiño)

Venres 28 de decembro
11:00: INFANTIL A - LACROSS BABEL CF (instalacións de San Jorge, campo 2)

A partir das 16:00 arrinca a Fase Final, segundo clasificación. Así, o primeiro de grupo pasa a semifinais; o segundo pelexará polos postos 5º ao 8º; o terceiro polas posicións 9ª á 12ª; e o cuarto clasificado de grupo loitará polos postos 13º ao 16º.

Primeiro triunfo do Benxamín A en a Palma Cup 2018

O Benxamín A participa en Palma de Mallorca na Palma Cup 2018.

O cadro deportivista ten como primeiros rivais a estes equipos: CD Cide, UD Arenal, SD La Salle e UD Poblense.

O seu inicio foi vitorioso, ao derrotar á SD La Salle (2-0), con tantos de Gael e Iago Vázquez.

O calendario de partidos do conxunto que prepara Pablo Barros, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Xoves 27 de decembro
BENXAMÍN A 2 (Gael e Iago Vázquez) - SD LA SALLE 0

Venres 28 de decembro
09:00: CD CIDE - BENXAMÍN A
16:00: UD POBLENSE - BENXAMÍN A
Sábado 29 de decembro
10:00: BENXAMÍN A - UD ARENAL

Os dous primeiros de grupo acceden a oitavos de final, que se xogan a partir das 15:30 horas.

O Alevín A estréase mañá venres en Oviedo

O Alevín A, recente campión da Primeira Comarcal A Coruña, interrompe o seu descanso do Nadal para participar na Copa Íntegra Enerxía en Oviedo.

O conxunto deportivista, que xogará os seus partidos nos campos de Tensi, terá como rivais na Primeira Fase ao Real Valladolid e a dous equipos que sairán mañá dunha Fase Previa.

O calendario de partidos do Alevín A é o seguinte:

Primeira Fase

Venres 28 de decembro

18:20: ALEVÍN A - EQUIPO DE FASE PREVIA (campo 3)

19:40: ALEVÍN A - EQUIPO DE FASE PREVIA (campo 3)

Sábado 29 de decembro

9:40: ALEVÍN A - REAL VALLADOLID (campo 2)

Os dous primeiros de grupo e o catro mellores terceiros do seis grupos pasan a oitavos de final, que arrincan ás 11:00 horas.

O 2018 péchase para o Alevín B en Vigo este sábado 29

O Alevín B despedirá 2018 na 3ª edición do Torneo do Nadal Concello de Vigo, que se xoga este sábado 29 de decembro no campo municipal de Pahiño (Navia).

O equipo que prepara Luis Pastur quedou encadrado no grupo 1, co FC Porto e o equipo campión do Torneo de Nadal 2018.

O calendario de partidos do Alevín B é o seguinte:

Primeira Fase

11:20: FC PORTO - ALEVÍN B (campo 1)

12:20: EQUIPO CAMPIÓN TORNEO NADAL - ALEVÍN B (campo 1)

O campión de grupo xogará a final (17:15) contra o campión do grupo 2. Os outros dous equipos pelexarán polo resto de posicións, a partir das 16:00 horas.