RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Infantil A e Benxamín B teñen partido amigable esta semana

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA teñen partido amigable durante esta semana.

Así, mañá martes 31 de xaneiro, o Benxamín B mídese ao Imperátor A, a partir das 18:45 no campo de herba sintética de Abegondo.

O conxunto deportivista é o actual líder da Segunda Comarcal A Coruña con 40 puntos, con 5 puntos de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor, o Ural C.

O mércores 1 de febreiro a quenda será para o Infantil A de Liga Galega, que se enfronta ao Atlético Coruña Montañeros B de categoría cadete. O choque tamén será ás 18:45, pero no campo 6 de Abegondo.

O Infantil A lidera actualmente o grupo norte galego con 56 puntos, un punto máis que o segundo clasificado, o Ural.