RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Iniciados os traballos de rexeneración do céspede de ABANCA-RIAZOR

Unha vez concluída sobre o terreo de xogo a Temporada coa disputa o pasado venres do Dépor-Fuenlabrada, o Real Club Deportivo iniciou onte pola mañá os traballos de rexeneración e mantemento do céspede de ABANCA-RIAZOR, habituais cada verán entre campañas.

Desde este momento, os técnicos de mantemento e os xardineiros procederán á redución de materia orgánica morta mediante máquina Gradene, escarificado para minorar a densidade de planta, picado oco, arenado, aplicación de abonos e semente, veo de area e picado macizo. Estes traballos prolongaranse durante tres días máis e necesitan de boa parte do que resta de verán para consolidar resultados.