RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Inmerecida derrota do Deportivo ABANCA B fronte ao CD Olímpico de León

O fútbol non foi xusto co Deportivo ABANCA B no seu partido en Abegondo ante o CD Olímpico de León (0-1), correspondente á 4ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.

As branquiazuis foron superiores durante todo o partido, dispuxeron das mellores oportunidades e até lle foron anulados dous goles dubidosos a Noelia e María Calvo.

Pero na recta final, cando parecía un partido abocado ao empate a ceros, as leonesas atopáronse cun gol que chegou a balón parado e que valeu o tres puntos en xogo.

Con este inmerecido resultado, o Dépor ABANCA B queda con cinco puntos na zona media alta da clasificación.

Deportivo ABANCA B: Nuria, Paula Novo, Ansede, María Calvo, Elena López 'Cusi', Noela, Marta Rico, Iria Otero, Paula Monteagudo, Carmen Carballada e Tati. Tamén xogaron: Trillo, Laura Otero, Laura Testa e Valeria.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B repite partido en Abegondo, esta vez ante a SD Villestro.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B foron os seguintes:

Viaxes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1