RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Inscricións abertas para a Escola RC Deportivo con novas sedes en Boiro, Caranza e Bertamiráns

A Fundación RC Deportivo organiza por terceiro ano consecutivo a Escola RC Deportivo na súa sede da Coruña (Alvedro), á que por primeira vez sumaránselle en Galicia as de Boiro, Caranza e Bertamiráns.

A finalidade destas escolas é complementar os adestramentos e a formación futbolística dos nenos e nenas de 6 a 14 anos, de maneira personalizada e individualizada e baixo a supervisión dos técnicos do RC Deportivo, que se desprazarán até cada instalación en colaboración coa EFM Concello de Boiro, o Galicia de Caranza e o Bertamiráns FC.

As prazas son limitadas e as inscricións xa se atopan abertas para todas as sedes na web oficial http://escola.rcdeportivo.es/ onde poden consultar tamén toda a información relacionada con horarios, datas, tarifas e que inclúe a Escola RC Deportivo. Ademais os 100 primeiros inscritos antes do mes de outubro levarán de agasallo unha bufanda do Dépor.

No caso da Escola RC Deportivo da Coruña, até hoxe mércores día 16 de setembro está aberto o prazo para renovacións de alumnos e alumnas que participaron na temporada anterior e a partir de mañá estará aberta a plataforma para novas altas.

Do mesmo xeito que para os DéporCampus Cabreiroá, aplicarase un protocolo especial fronte á COVID-19. O uso de vestiarios e duchas estará prohibido, as familias deberán entregar o documento de participación responsable que se enviará por email, adaptarase a metodoloxía e establecerase un control de acceso ás instalacións, entre outras moitas outras medidas.

Os adestramentos darán comezo no mes de outubro. Para calquera dúbida ou consulta achega do proceso de inscrición poden escribir á dirección de correo electrónico escola@rcdeportivo.es ou chamar ao número de teléfono 981 259 500 Ext. 3.

A Escola RC Deportivo está aberta a calquera neno ou nena que desexe participar, independentemente do seu nivel técnico ou a súa experiencia en fútbol.