RCD / NOVAS

Inscricións XVI Torneo RC Deportivo

24/01/2019 14:05

Xa está aberto o prazo de inscrición para o XVI Torneo Real Club Deportivo, que se celebrará o próximo 17 de maio, Día dás Letras Galegas, na Cidade Deportiva de Abegondo. Por quinto ano consecutivo, o torneo disputarase nas categorías Prebenjamín e Benxamín.

Os clubs interesados en participar poden inscribirse até o próximo 22 de abril completando o formulario desta páxina ou enviando todos os datos solicitados á dirección de correo electrónico: torneo@rcdeportivo.es.

Ademais de en esa dirección pódese ampliar información no 981 259 500 (Ext.2) ou nas oficinas do Club na Praza de Pontevedra, 19 1º en horario de oficina (de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas).

Todos os anos, desde 2004, o Día dás Letras Galegas é tamén o día da festa do fútbol base en Abegondo. Cada 17 de maio, o Torneo RC Deportivo congrega por centos de equipos Benxamíns e Prebenxamíns de toda a xeografía galega, ofrecendo aos nenos, desde 2014, a posibilidade de disputar todos os seus partidos sobre os terreos de xogo de céspede natural nos que cada día adestran e xogan todos os equipos do Dépor. A partir daquela edición, o número 11, o espazo ocupado polo campo de herba artificial da Cidade Deportiva de Abegondo dedícase a actividades lúdicas e hostalaría, para que tanto os novos futbolistas como os seus familiares poidan gozar do día con todas as comodidades e sen un só instante de aburrimento.

Na súa edición de 2018, a número 15, máis de 10.000 persoas, entre xogadores e acompañantes, gozaron dun día inesquecible. Case 3.100 xogadores e máis de 12 horas ininterrompidas de competición en 16 campos, desde as 09:00 horas e até as 20:30 o fútbol non parou nunha das xornadas máis importantes do ano para o Club, a do Torneo Real Club Deportivo.

RCD / Inscrición XVI Torneo Real Club Deportivo

ReCaptcha incorrecto
Enviar