RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Intensa mañá de traballo para os que non xogaron de inicio en Almería

Os futbolistas do Deportivo que onte non actuaron de inicio no Estadio dos Xogos Mediterráneos tiveron unha intensa mañá de traballo en Abegondo.

Para este grupo de xogadores, ademais da meta xuvenil Íker Piedra, houbo un quecemento, rondos, un circuíto físico con finalizacións e, para concluír, fútbol en espazo reducido.

Os titulares en Almería, por contra, saltaron ao céspede a realizar carreira continua e seguiron con tarefas de recuperación a cargo dos fisioterapeutas. Eneko Bóveda e Sabin Merino, á espera de avaliación médica, tiveron tratamento médico e de fisioterapia.

Mañá luns haberá xornada de descanso. O Dépor volve aos adestramentos o martes 10 de marzo ás 10:30 en Abegondo.