RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Intensa mañá para o Dépor con traballo táctico e fútbol reducido

Xa o explicou Raí na sala de prensa de Abegondo: "Se estamos a traballar duro, que o estamos facendo todos unidos, e até o día de hoxe non se nos está dando; pois temos que traballar e unirnos aínda máis".

É máis, o atacante brasileiro asegura que "todos os días de adestramento son unha oportunidade para todos. Habendo competición ou non o equipo debe de dar o máximo como o está dando en cada adestramento, traballando duro e seguir competindo aínda adestrando".

Pois ben, nunha semana sen fútbol ligueiro, Rubén de la Barrera intensificou esta mañá na Cidade Deportiva a carga de traballo.

Así, após un quecemento con balón, o técnico deportivista dispuxo dous exercicios tácticos no campo 2, nos que fixo continuas variacións de xogadores e impartiu constantes instrucións aos seus futbolistas.

Para concluír sobre o campo 3, os xogadores tiveron fútbol en espazo reducido, de alta intensidade. Non participou nesta última tarefa Derik, de acordo cos Servizos Médicos.

Só Miku exercitouse á marxe do grupo, supervisado polo readaptador Fran Molano. Hoxe xoves, Alberto, Juan Rodríguez e Dani Barcia representaron a #ANOSACANTEIRA no primeiro equipo.

Mañá venres, o Dépor pecha a semana cun adestramento que arrancará no céspede ás 10:30, media hora antes do que vén sendo habitual nesta época do ano.