RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Intensa semana para o Alevín A, con 3 partidos oficiais desde mañá martes en San Tirso

O Alevín A encara unha intensa semana de competición, con 3 partidos oficiais. Dous pertencen ao Trofeo Luis Calvo Sanz de fútbol 11, correspondentes á 2ª e 3ª xornada.

E o de mañá martes 11 de febreiro en San Tirso é da Liga Comarcal, e forma parte da xornada que se xogará case na súa totalidade o sábado 15 de febreiro.

O calendario semanal de partidos do Alevín A é o seguinte:

Liga Comarcal
11ª xornada: SAN TIRSO SD A - ALEVÍN A, mañá martes 11 de febreiro ás 18:00 no Monte (San Tirso)
Clasificación: 1. Alevín A, 27 puntos; 2. Victoria CF A, 24 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF A, 23 puntos...

Trofeo Conservas Calvo de fútbol once
2ª xornada: ED LUIS CALVO SANZ A - ALEVÍN A, o xoves 13 de febreiro ás 18:30 nas Eiroas (Carballo)

3ª xornada: ALEVÍN A - EF RACING DE FERROL A, o domingo 16 de febreiro ás 10:30 en Abegondo (pendente confirmación)