RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Intensidade e ritmo no adestramento do Dépor en Abegondo

Pepe Mel someteu aos seus futbolistas a un adestramento de alta intensidade en Abegondo. Así, tras un exercicio de posesión, os xogadores traballaron os enfrontamentos '3 para 2' e '2 para 3' con finalizacións.

Un partido táctico de área a área; e un torneo de partidos en espazo reducido, co cadro dividido en tres equipos, puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Quedaron no vestiario Sidnei, cun adestramento preventivo; e Kakuta, cunha molestia nun aductor.

Hoxe mércores, os fabrilistas Óscar, Nacho Monsalve e Edu estiveron co primeiro equipo.

Mañá xoves, o equipo adestrarase en Riazor, a porta pechada, a partir das 10:30 horas.