RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Intensidade física para o Dépor noutra mañá calorosa en Abegondo

Fernando Vázquez non baixa o ritmo de adestramentos. Noutra mañá estival pola calor, por encima dos 25 graos, o técnico deportivista dispuxo dunha sesión de alta intensidade física cunha serie de tarefas en espazo reducido (roldo, partido, duelos con porterías pequenas...) para cada un dos 2 grupos nos que se divide o cadro, segundo establece o protocolo que marca LaLiga na súa Fase 3.

O adestramento completouse cun exercicio de potencia aeróbica no campo 3, supervisado polo preparador físico Manuel Pombo.

Eneko Bóveda realizou algunhas tarefas co grupo; e tan só Mujaid e Salva Ruiz, este tamén con adestramento específico no ximnasio, estiveron á marxe.

Mañá sábado o equipo volve ao céspede: 09:30 e 10:30. Será a última sesión antes do descanso previsto para o domingo.