RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Intenso e bonito partido entre Benxamín A e Luis Calvo A, con triunfo deportivista

Benxamín A e Luis Calvo A protagonizaron un bonito e intenso partido na 3ª xornada da Segunda Fase Comarcal, con ambos os equipos a un bo nivel. O triunfo foi deportivista, grazas ao acerto goleador de Guille, Anxo e Íker.

Con este resultado, o Benxamín A suma 9 puntos de 9 posibles e instálase xa no grupo de cabeza.

Benxamín A: Joel, Guille, Iago, Xabi, Mosquera, Leandro, Diego e Janusz. Tamén xogaron: Rodrigo, Íker, Eder, Pablo, Anxo e Rilo.

O Victoria A será o vindeiro rival do conxunto deportivista.

Os resultados e goleadores do Benxamín A son os seguintes:

Benxamín A 1 (Anxo) - Calasanz A 0
Ural A 0 - Benxamín A 4 (Xabi, Mosquera, Janusz e Pablo)
Benxamín A 3 (Guille, Anxo e Íker) - Luis Calvo A 0