RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Interesante empate do Deportivo ABANCA ante o Liceo de Monelos (xuvenil masculino)

Un amigable hoxe martes en Abegondo e a visita ligueira a Arteixo do CD Monte, en partido correspondente á 21ª xornada no grupo 1º de Segunda División Nacional, están na axenda semanal do Deportivo ABANCA.

Esta noite, o equipo deportivista empatou (1-1) co Liceo de Monelos (xuvenil masculino) nun interesante partido de adestramento que se xogou no campo 5 da Cidade Deportiva. Gaby anotou o gol do Deportivo ABANCA.

Manu Sánchez, técnico branquiazul, aliñou de inicio a: Anita, Mérida, Miriam, Raquel, Patri, Sara, Iris, Oreiro, Lía, Jone e Gaby. Xogou tamén o resto do cadro, salvo Nuria, lesionada; Estefi, cun proceso febril; e a nova incorporación, Michelle, que realizou un adestramento específico coa preparadora física Alba Rodríguez.

O domingo 11, o Deportivo ABANCA recibe ao CD Monte, agora mesmo terceiro na clasificación tralo Oviedo Moderno. Un duro escollo neste tramo decisivo da competición ligueira.

Os socios deportivistas teñen libre acceso ao recinto arteixán. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros e 3 euros para os menores de 16 anos.

A planificación semanal de adestramentos é a seguinte:

Luns 5 de marzo
20:30: Adestramento de recuperación en Termaria - Casa del Auga da Coruña

Martes 6 de marzo
Deportivo ABANCA 1 - Liceo de Monelos (xuvenil masculino) 1

Mércores 7 de marzo
20:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 8 de marzo
20:30: Adestramento en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Venres 9 de marzo
19:00: Adestramento en Abegondo

Domingo 11 de marzo
16:30: Deportivo ABANCA - CD Monte, en Ponte dos Brozos (Arteixo)

O equipo branquiazul é líder do grupo 1º de Segunda División Nacional con 58 puntos, con 1 punto de vantaxe sobre o Oviedo Moderno, que ten 57.