RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Interesante xornada de fin de semana en #ANOSACANTEIRA, con catro bos partidos en Abegondo

Fin de semana interesante para #ANOSACANTEIRA, con cinco equipos que xogan en casa: catro deles en Abegondo (Fabril, Xuvenil A, Cadete B e Infantil A) e un en Arteixo (Deportivo ABANCA B).

O Fabril, líder do grupo 1º da Segunda División B, recibe na Cidade Deportiva ao Valladolid B (domingo 8 ás 17:00 horas). Como é habitual, os socios deportivistas teñen libre acceso a Abegondo. Para o público sénior, a entrada custa 10 euros, e 3 euros para os menores de 16 anos.

Os socios branquiazuis tamén teñen entrada gratuíta para os encontros do Xuvenil A, Cadete B e Infantil A, este ante o colíder da liga Galega, o Calasanz. As entradas de público custan 3 euros.

Finalmente, dous equipos do RC Deportivo, Alevín B e Benxamín B, disputan este sábado 7 de outubro a terceira edición da Marosa Cup de Burela, organizado polo Club Porto de Burela.

O calendario de partidos do fin de semana é o seguinte:

Segunda División B
8ª xornada: FABRIL - VALLADOLID B, o domingo 8 de outubro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Fabril, 16 puntos; 2. Celta B, 15 puntos; 3. Fuenlabrada, 14 puntos...

Categoría feminina
5ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - EFM CONCELLO DE BOIRO, o domingo 8 de outubro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primeira Autonómica: ... 4. Mos, 8 puntos; 5. Ourense, Deportivo ABANCA B, Milagrosa e Victoria FC B, 7 puntos; 9. Umia e Victoria CF B, 6 puntos...

Categoría xuvenil
6ª xornada: XUVENIL A - BANSANDER, o domingo 8 de outubro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra, grupo 1º: 1. Xuvenil A, Celta A, Rozas e Llano '2000', 11 puntos; 5. Sporting de Gijón, Oviedo e Atlético Perines, 10 puntos...

5ª xornada: CHOCO - XUVENIL B, o sábado 7 de outubro ás 16:00 no campo de Santa Mariña (Redondela)
Clasificación da liga Nacional: ... 6. Arousa SC, Lérez, Santa Mariña e Boiro, 7 puntos; 10. Xuvenil B, 6 puntos; 11. Compostela, Coruxo, Lugo B e Choco, 4 puntos...

Categoría cadete
5ª xornada: CHOCO - CADETE A, o sábado 7 de outubro ás 18:15 no campo Manuel Conde (Redondela)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta e Pontevedra, 12 puntos; 3. Calasanz, 9 puntos; 4. Cadete A, ED Arousa SD e Santiago de Compostela, 8 puntos; 7. Val Miñor Nigrán, 7 puntos; 8. Pabellón, Ural e Bergantiños, 6 puntos...

5ª xornada: CADETE B - EF LALÍN, o sábado 7 de outubro ás 12:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: ... 4. San Tirso, 10 puntos; 5. Xuventude de Oroso, EF Lalín, Cadete B e Viveiro A, 7 puntos; 9. Racing de Ferrol B e Victoria B, 6 puntos...

Categoría infantil
5ª xornada: INFANTIL A - CALASANZ A, o sábado 7 de outubro ás 10:30 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A e Calasanz, 12 puntos; 3. Lugo, San Tirso e Bergantiños, 9 puntos...

6ª xornada: CALASANZ B - INFANTIL B, o sábado 7 de outubro ás 16:00 na Grela 2
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Orillamar, 15 puntos; 2. Infantil B e Sporting Cambre, 13 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros B, 12 puntos...

Categoría alevín
Amigable: ALEVÍN A - SAN TIRSO B (infantil), o sábado 7 de outubro ás 11:00 en Abegondo (campo de herba sintética)

III Torneo Marosa Cup en Burela
Sábado 7 de outubro
Primeira Fase
11:00: ALEVÍN B - SANTIAGO DE FOZ (campo 2)
13:00: ALEVÍN B - LUGO (campo 1)
15:30: VIVEIRO A - ALEVÍN B (campo 1)

Os dous primeiros de cada grupo pasan a semifinais, que se xogan a continuación

Categoría benxamín
Amigable: BENXAMÍN B 12 (Nico -2-, Pablo Ronquete -2-, Yago Trigo -2-, Paulo, Gael, Ioan, Uxío, Iago e Sergio) - SAN TIRSO A 1

III Torneo Marosa Cup en Burela
Sábado 7 de outubro
Primeira Fase
11:30: BENXAMÍN B - MILAGROSA (campo 1)
16:00: RIBADEO - BENXAMÍN B (campo 1)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que arrincarán acto seguido