RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Interesantes tests do Deportivo ABANCA e Deportivo ABANCA B contra as seleccións galegas sub-18 e sub-16

Onte martes 23 de xaneiro, o Deportivo ABANCA e Deportivo ABANCA B protagonizaron un interesante test en Abegondo ante a Selección Galega sub-18 e sub-16 respectivamente.

Polo que respecta ao Deportivo ABANCA, o seu técnico, Manu Sánchez, aproveitou para dar minutos de xogo a todo o seu cadro, excepto Teresa, Lía, Malena e María Corral, que se aliñaron co combinado galego. O resultado, aínda que neste tipo de partidos de adestramento é o de menos, foi favorable loxicamente ao Deportivo ABANCA (8-0), con goles de Jone -3-, Gaby, Peke -2-, Mérida e Miriam.

Deportivo ABANCA: Sheila, Raquel, Miriam, Mérida, Iris, Oreiro, Patri, Kika, Sara, Jone e Gaby. Tamén xogaron: Miga, Nuria, Estefi e Peke.

A fin de semana volve a competición ligueira, coa visita do Deportivo ABANCA ao CD Femiastur no campo de La Toba (Avilés), o domingo 28 de xaneiro ás 12:00 horas, en partido correspondente á xornada 16ª no grupo 1º de Segunda División Nacional.

O equipo branquiazul é líder do grupo 1º de Segunda División Nacional con 43 puntos, con 1 punto de diferenza sobre o Oviedo Moderno, que ten 42 puntos.

O Deportivo ABANCA B, ante Galicia sub-16

Pola súa banda, o Deportivo ABANCA B, reforzado por cinco xogadoras do Orzán SD (Lara Sánchez, Laura Rivas, Lucía Lorenzo, Andrea Agulló e Ana Carreras), en virtude do convenio de colaboración entre ambos os clubs, mediuse á Selección Galega sub-16, tamén en Abegondo.

A deportivista Carlota aliñouse co combinado galego, que venceu (0-6), cun dos goles precisamente da citada xogadora branquiazul.

O Deportivo ABANCA B formou de inicio con: Lara Sánchez, Ainhoa, Noe, Alba Martínez, Sofía, Ari, Sara Piñeiro, Carmen, Alba Suárez, Lara López e Lidia. Tamén xogaron: Michelle, Vero, Laura Rivas, Lucía Lorenzo, Andrea Agulló e Ana Carreras.

Este domingo 28 de xaneiro, o Deportivo ABANCA B visita ao Viajes InterRías FF, ás 17:30 horas no campo Baltar de Arriba (Sanxenxo), en partido da 18ª xornada na Primeira Autonómica Feminina.

O cadro branquiazul marcha terceiro con 39 puntos, só superado polo Valladares (líder con 49 puntos) e o Atlético Arousana (segundo con 41 puntos).