RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Inxusta derrota do Deportivo Abanca B ante o Milagrosa

O fútbol foi inxusto esta tarde co Deportivo Abanca B, que perdeu (0-1) ante o Milagrosa un partido que mereceu como mínimo empatar.

As deportivistas fallaron unha pena máxima e tiveron as mellores oportunidades do encontro.

Con este resultado, o Deportivo Abanca B é décimo na clasificación da Primeira División Autonómica, con 16 puntos.

Deportivo Abanca B: Merchi, Ainhoa, Noe, Pauli, Laura, Cape, Karina, Raña, Marta, Natalia e Vero. Tamén xogaron: Rouco, Doce, Ari e Ana.

O próximo fin de semana, o Deportivo Abanca B volve xogar en casa. O seu rival será o AlertaNavia, no inicio da segunda volta da liga.

Os resultados do conxunto deportivista en Primeira División Autonómica son os seguintes:

AlertaNavia 0 - Deportivo Abanca B 0
Deportivo Abanca B 1 (Noe) - CCAR Valladares 2
Portonovo 2 - Deportivo Abanca B 1 (Raña)
Deportivo Abanca B 1 (Natalia) - Vitoria B 1
Deportivo Abanca B 1 (Laura Doce) - Vitoria FC 2
Sárdoma B 3 - Deportivo Abanca B 3 (Vero -3-)
Deportivo Abanca B 0 - UD Ourense 0
San Miguel 3 - Deportivo Abanca B 2 (Vero e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo Abanca B 1 (Vero) - O Val 2
Torre 1 - Deportivo Abanca B 2 (Ainhoa e Lucía)
Deportivo Abanca B 2 (Vero -2-) - Arcadia 1
Deportivo Abanca B 6 (Vero -5- e Laura) - Xuventú Aguiño 0
Umia 1 - Deportivo Abanca B 2 (Vero -2-)
Deportivo Abanca B 0 - Milagrosa 1