RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Inxusta eliminación do Cadete B en Francia

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA participan esta semana en torneos amigables en Nantes (Francia) o Cadete B; e en Stuttgart (Alemaña) o Benxamín A.

Así, o Cadete B compite desde onte na 40 edición do Mundial Sub-15 La Saint Pierre de Nantes.

Hoxe xoves disputou tres partidos, cun balance de tres empates sen goles. Os deportivistas estiveron a gran nivel, e só a mala fortuna impediu o seu pase á Fase polo Título.

O calendario do equipo, cos resultados da Primeira Fase, é o seguinte:

Mércores 19 de abril
CADETE B 2 (Pol e Rares) - SYMPHO FOOT REILLIERES 1
CADETE B 0 - STADE RENNAIS 0

Xoves 20 de abril
CADETE B 0 - STEAUA BUCAREST 0
CADETE B 0 - AC BASSE GOULAINE 0
CADETE B 0 - OLYMPIQUE DE MARSELLA 0

Venres 21 de abril
Fase de Consolación
11:30: CADETE B - CHAPELAIN

Pola súa banda, o Benxamín A quedou encadrado no grupo C da Orthopädikos Cup, con estes equipos: TSV Plattenhardt, FG Seckbach, TSF Ditzingen Weib e FC St. Pauli.

O calendario da Primeira Fase é o seguinte:

Sábado 22 de abril
9:19: BENXAMÍN A - TSV PLATTENHARDT
9:57: FC ST. PAULI - BENXAMÍN A
10:35: TSF DITZINGEN WEIB - BENXAMÍN A
11:51: BENXAMÍN A - FG SECKBACH

A partir de aí, e segundo clasificación, pasarase a unha Segunda Fase.