RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Irureta<br>Gañando porémonos na loita polo título

Tras o adestramento matinal Irureta comparecía en rolda de prensa e comentaba o que espera do partido ante o Osasuna e outros temas cos medios.

A principal preocupación de Irureta para o partido será a liña defensiva. Coa sanción a César e as baixas por lesión de Helder e Djorovic o adestrador verase obrigado a utilizar a un xogador non habitual na posición de central: "levamos 19 xogadores como sempre, pero a liña defensiva vai moi xusta. Non merece a pena forzar a recuperación de Djorovic porque o partido esixirá que os xogadores estean ao 100% no plano físico."

En canto ao rival comentou: "O Osasuna é un equipo difícil, traballa moi ben a estratexia, teñen as ideas moi claras, son correúdos e moi fortes fisicamente. Lotina realizou un traballo moi bo, veñen desde o ascenso nunha clara progresión e serán moi difíciles de bater no Sadar".

A prensa preguntou ao técnico se se verá ao equipo coa mesma tensión mañá que no partido do pasado Martes: "É difícil manter un estado de tensión e concentración como o do pasado Martes, pero estou convencido de que se non imos con esa mentalidade pasarémolo mal, como xa nos pasou noutras ocasións. Hai que porse o mono de traballo, pelexar e loitar polo partido."

En canto ás posibilidades do Deportivo na liga: "Intúo que se gañamos en Pamplona porémonos de novo aí, na loita polo título."