RCD / NOVAS

Isaac Cuenca aterra mañá en Alvedro procedente de Colombia

- Foto: LFP - O xogador do Deportivo Isaac Cuenca emprende viaxe esta noite cara á Coruña para ser avaliado e comezar a recuperación das molestias sufridas no cuádriceps esquerdo no adestramento vespertino de onte. O futbolista catalán parte de terras colombianas ás 17:15 (hora local) rumbo á cidade herculina.

22/07/2014 19:02

O avión que traslada a Cuenca cara a España ten prevista a súa chegada ás 10:00 horas ao aeroporto Adolfo Suárez - Barallas, desde onde enlazará con Alvedro para aterrar ás 12:50 de mañá mércores. Xusto a continuación pasará as probas e revisións previstas por parte dos Servizos Médicos deportivistas.

Máis novas de: CUENCA

RCD / Noticias Relacionadas