RCD / NOVAS

Ismael Díaz entra na lista definitiva de Panamá para o Mundial de Rusia

30/05/2018 20:05

- Foto: @fepafut -

O fabrilista Ismael Díaz entrou na lista definitiva de 23 xogadores de Panamá para o Mundial de Rusia 2018, segundo fixo público hoxe o seleccionador nacional, Hernán Darío Gómez.

Esta pasada madrugada, a selección panameña despediuse da súa afección antes de desprazarse a Europa cun empate sen goles (0-0) ante Irlanda do Norte no Estadio Rommel Fernández, co dianteiro fabrilista sobre o campo na última media hora de xogo.

Panamá ten previsto viaxar este venres 1 de xuño a Europa, para medirse a Noruega en Oslo o mércores 6 nun último choque de preparación, ás 19:00 no Ullevaal Stadium de Oslo.

Panamá ten este calendario de partidos en Rusia:

Luns 18 de xuño
17:00. BÉLXICA - PANAMÁ, no Fisht Stadium de Sochi

Domingo 24 de xuño
15:00: INGLATERRA - PANAMÁ, en Nizhny Novgorod

Xoves 28 de xuño
21:00: PANAMÁ - TUNISIA, no Mordovia Area de Saransk

A Costa Rica de Celso Borges xa se adestra cos 23 elixidos

Coa incorporación de Keylor Navas, Costa Rica, co centrocampista branquiazul Celso Borges, adéstrase xa no complexo federativo cos 23 elixidos para o Mundial.

Costa Rica ten este calendario de partidos no Mundial:

Domingo 17 de xuño
16:00: COSTA RICA - SERBIA, no Samara Arena

Venres 22 de xuño
15:00: BRASIL - COSTA RICA, no San Petersburgo Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Con anterioridade, o domingo 3 de xuño (11:00, hora local), os 'Ticos' despediranse da súa afección antes de emprender viaxe a Europa cun amigable fronte a Irlanda do Norte en San José. Xa en Europa, mediranse a Inglaterra en Leeds (7 de xuño); e a Bélxica en Bruxelas (11 de xuño).

Nixeria viaxa a Inglaterra con 24 futbolistas, incluído o meta Francis

A selección de Nixeria viaxou a Inglaterra con 24 futbolistas, incluído o meta fabrilista Francis, para medirse este sábado 2 de xuño (17:30, hora local) a Inglaterra no Estadio de Wembley (Londres), nun novo amigable.

O pasado luns 28 de maio, Francis tivo a súa primeira cita pre-mundialista. Foi no Adokiye Amiesimaka Stadium de Port Harcourt (Nixeria) ante a República Democrática do Congo.

O meta fabrilista foi titular e xogou os 90 minutos nun amigable que acabou en igualada (1-1). Francis encaixou o único gol visitante de penalti no minuto 78, pena máxima cometida polo defensor nixeriano Ola Aina por empuxar a un rival na área.

Nixeria ten confirmado outro partido preparatorio: o mércores 6 de xuño (15:00) no NV Arena da cidade austriaca de St. Pölten fronte á República Checa.

Nixeria ten este calendario de partidos en Rusia:

Sábado 16 de xuño
21:00: CROACIA - NIXERIA, no Kaliningrad Stadium

Venres 22 de xuño
18:00: NIXERIA - ISLANDIA, no Volgograd Arena

Martes 26 de xuño
21:00: NIXERIA - ARXENTINA, no San Petersburgo Stadium

Krohn-Dehli pasa o primeiro corte da selección danesa

O deportivista Michael Krohn-Dehli superou o primeiro corte da primeira lista de 35 futbolistas realizada hai unhas semanas polo seleccionador danés, o noruegués Åge Hareide.

Desta primeira convocatoria de 35 xogadores, Dinamarca conta xa con 27 elixidos, entre os que está o centrocampista branquiazul. De aí sairán os 23 que representarán ao país escandinavo en Rusia.

Dinamarca ten este calendario de partidos no Mundial:

Sábado 16 de xuño
19:00: PERÚ - DINAMARCA, no Mordovia Arena (Saransk)

Xoves 21 de xuño
16:00. DINAMARCA - AUSTRALIA, no Samara Arena

Martes 26 de xuño
17:00: DINAMARCA - FRANCIA, no Luzhniky Stadium (Moscova)

Ademais, o combinado danés ten previsto disputar dous partidos de preparación, o sábado 2 de xuño no Friends Arena de Estocolmo (19:45) ante Suecia; e o 9 de xuño ante México no Brøndby Stadion (20:00) de Brøndby (Dinamarca).

Fabian Schär, concentrado con Suíza en Lugano

A Asociación Suíza de Fútbol comunicou a convocatoria de Fabian Schär para o Mundial de Rusia 2018.

O defensor deportivista concentrouse o pasado domingo 27 de maio en Lugano.

A citación era un segredo a voces, posto que Schär foi titular en todos os partidos de clasificación e nos diferentes amigables do último ano.

Suíza ten este calendario de partidos na cita mundialista:

Domingo 17 de xuño
21:00: BRASIL - SUÍZA no Rostov Arena

Venres 22 de xuño
20:00: SERBIA - SUÍZA no Kaliningrad Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Ademais, Suíza ten previsto dous partidos de preparación: o domingo 3 de xuño no Estadio de la Cerámica de Vilarreal (21:00 horas) ante España; e o venres 8 de xuño en Lugano (19:00 horas) fronte a Xapón.

Fede Valverde adéstrase diariamente no complexo federativo uruguaio

Fede Valverde xa se adestra diariamente con Uruguai no complexo da Asociación Uruguaya de Fútbol.

Uruguai ten este calendario de partidos no Mundial:

Venres 15 de xuño
17:00: EXIPTO - URUGUAI, no Ekaterinburg Arena

Mércores 20 de xuño
18:00: URUGUAI - ARABIA SAUDITA, no Rostov Arena

Luns 25 de xuño
18:00: URUGUAI - RUSIA, no Samara Arena

Ademais, ten confirmada a selección uruguaia un último amigable de preparación o xoves 7 de xuño ás 20:00 horas (hora local) no Estadio Centenario de Montevideo ante Usbequistán.

Máis novas de: BORGES, SCHÄR, KROHN-DEHLI, FEDE VALVERDE