RCD / NOVAS

Isto é o Dépor

Non, non é só fúbol. Son viaxes a Gijón, a Madrid, a Sevilla, a Valladolid, a Pamplona, a Barcelona..., son xogadores, son corpo técnico, son utilleros, son o Fabril, son a canteira, son xornalistas, son fotógrafos, son os Riazor Blues,é a porta cero,a afición nos hoteis, no aeroporto, son os partidos de Champions contra o Mónaco, contra o Liverpool, contra o Olympiakos, contra o Milan... son os goles, as paradas,as derrotas inxustas e os triunfos inmerecidos, son os partidos do cinco, do nove, do dez, son os partidos do Teresa Herrera, os de Liga, os de Copa..., é Riazor, é Abegondo, é a fonte de Catro Camiños, son os añséndovos socio, os partidos coa túa familia, os partidos cos teus amigos,os partidos co de á beira, que non coñeces, pero que estáis unidos polo mesmo sentimento, son os partidos en muletas, os partidos con febre, os partidos baixo a auga ou baixo un sol abrasador... É a ilusión, a entrega, o sacrificio, a humildade, a derrota, a vitoria, o empate, a desesperación, os triunfos, as lagrimas derramadas de alegría e as de tristeza... Para o meu, isto é o Depor, NÓS SOMOS O DEPOR!

20/05/2011 12:14