RCD / NOVAS

Iván Cavaleiro gaña en Holanda con Portugal sub-21

- Foto: Susi García - O deportivista Iván Cavaleiro impúxose hoxe xoves coa Selección Sub-21 de Portugal a Holanda (0-2), no partido de ida do play off de clasificación para o Campionato de Europa da categoría disputado no estadio AFAS de Alkmaar.

09/10/2014 21:59

O atacante branquiazul saltou ao céspede de titular e foi substituído no minuto 61. O vindeiro martes 14 de outubro, en Paços de Ferreira, terá lugar o choque de volta.

Bosnia, con Medunjanin, mídese a Gales

Haris Medunjanin visita coa súa selección, Bosnia, a Gales (Cardiff City Stadium) mañá venres 10 de outubro ás 19.45 horas.

O centrocampista branquiazul chega ao seu equipo nacional tras marcar un gran gol de falta en Sevilla o pasado domingo, e convertido nun do pichichi do Dépor.

O segundo encontro deste parón será fronte a Bélxica en Bosnia (Estadio Bilino Polje de Zenica), o luns 13 de outubro ás 20.45 horas.

España Sub-21 conta con Pablo Insua

Pablo Insua e a Selección Española Sub-21 mídense mañá venres a Serbia en Jagodina no partido de ida do play off de clasificación para o Campionato de Europa da categoría.

O partido de volta terá lugar o martes 14 de outubro en Cádiz.

Máis novas de: INSUA, CAVALEIRO, MEDUNJANIN

RCD / Noticias Relacionadas