RCD / NOVAS

Iván Cavaleiro mídese mañá xoves coa Selección Sub-21 de Portugal a Holanda

- Foto: Susi García - O deportivista Iván Cavaleiro mídese mañana xoves 9 de outubro coa Selección Sub-21 de Portugal a Holanda, en partido clasificatorio para o Campionato de Europa da categoría. Será ás 18.30 horas no Estadio AFAS de Alkmaar.

08/10/2014 19:57

O martes 14 de outubro, en Paços de Ferreira, Portugal enfróntase de novo a Holanda.

Medunjanin, con Bosnia para dous partidos oficiais

Haris Medunjanin foi citado polo seleccionador de Bosnia, Safet Susic, para dous partidos oficiais, clasificatorios para o Campionato de Europa 2016.

O primeiro deles será en Gales (Cardiff City Stadium) este venres 10 de outubro ás 19.45 horas. O segundo encontro será fronte a Bélxica en Bosnia (Estadio Bilino Polje de Zenica), o luns 13 de outubro ás 20.45 horas.

España Sub-21 conta con Pablo Insua

Pablo Insua xa está concentrado coa Selección Española Sub-21 para un dobre choque ante Serbia, clasificatorios para o campionato de Europa da categoría.

O primeiro será en Jagodina este venres 10 de outubro e a volta o martes 14 de outubro en Cádiz.

Máis novas de: CAVALEIRO

RCD / Noticias Relacionadas