RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Iván Cavaleiro ve ao Dépor ''confiado, unido'' e con ''obxectivos firmes''

Iván Cavaleiro, un dos futbolistas más habituais no once inicial deportivsta esta tempada, compareció ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. Confesa estar "más satisfeito coa clasificación do equ

O internacional portugués cre que o Deportivo está no mellor momento da tempada, porque está "tranquilo, cohesionado. Temos obxectivos firmes, o equipo está confiado, unido e éso é importante para un grupo. Continuando como estamos podemos ir máis lonxe".

Da liga española a Cavaleiro sorprendeulle "o ambiente. Non estaba adoitado a estadios tan cheos. Tamén o ritmo. Todos os equipos xogan ben, teñen moita calidade. E a intensidade tamén. É unha experiencia moi boa e positiva para min. Agora espero que continúe ben".

Sobre Hélder Costa, recentemente chegado ao Deportivo neste mercado invernal e inédito nas convocatorias de Víctor Fernández ata agora, advirte que "non é fácil ir dun equipo para outro e comezar a xogar. Eu tamén pasei por ésto. Fun convocado e non xogaba de inicio. Despois conseguín adaptarme, entrar no equipo. Espero que lle pase o mesmo a el. É un xogador bo, rápido, bo tácticamente e que pode dar moito ao equipo".