25/08/2004 21:43 |
Principio de acordo co Albacete
O Deportivo da Coruña chegou este mércores a un principio de acordo co Albacete para a cesión, durante unha tempada, dos xogadores Rubén e Momo, que viaxan esta mesma noite cara á cidade manchega.
O centrocampista do Deportivo Jaime Sánchez Fernández xogará cedido a presente tempada no Racing de Santander. Desta maneira Jaime regresa ao equipo no que xa militou a campaña 96/97 antes da súa chegada ao Real Madrid e o seu posterior traspaso ao Deportivo.
O acordo entre os clubs liga por un ano ao centrocampista co Racing de Santader e curiosamente leva a cabo o día antes ao enfrontamento de ambos os clubs no campionato nacional de Liga.