25/08/2004 21:43 |
Principio de acordo co Albacete
O Deportivo da Coruña chegou este mércores a un principio de acordo co Albacete para a cesión, durante unha tempada, dos xogadores Rubén e Momo, que viaxan esta mesma noite cara á cidade manchega.
O deportivista Jaime, afectado dun cólico nefrítico, evoluciona favorablemente da súa doenza e está previsto que este mércores se incorpore á concentración do Deportivo en Vilalba.
O grupo inicia a súa pretemporada na localidade lucense este martes ao mediodía.