25/08/2004 21:43 |
Principio de acordo co Albacete
O Deportivo da Coruña chegou este mércores a un principio de acordo co Albacete para a cesión, durante unha tempada, dos xogadores Rubén e Momo, que viaxan esta mesma noite cara á cidade manchega.
O deportivista Jaime incorporouse esta mañá ao traballo en Vilalba xa que sufriu un cólico nefrítico que lle impediu presentarse o luns na Coruña "pero xa estou recuperado e podo traballar con normalidade".
O xogador asegurou "estou moi contento de estar aquí outra vez, leste é un gran equipo e o Club sempre se portou moi ben comigo" e engadiu "así que hai que cumprir e traballar co obxectivo de recuperar a forma física canto antes".